Luftrausers

vlambeer

Os holandeses de Vlambeer teñen unha historia curta pero cargada de publicacións que deixaron a súa marca en moitos de nós. Super Crate Box (2010, gratis en Steam) xa foi un exercicio excelente de pura metodoloxía arcade, rompe caixas ata que os enimigos te eliminen, compara puntuacións e volta a empezar. Claro, polo camiño vas desbloqueando un montón de novos niveis, armas e escenarios que axudan a conseguir esa sensación de logro continuo.

Despois deste tremendo inicio, os de Vlambeer fixeron un pouco de todo. Pequenos proxectos como Karate (gratis dende a súa páxina) ou Gun Godz (aquí gratis), xunto a outros máis ambiciosos. O xenialísimo Ridiculous Fishing para iOS que evolucionou desde un pequeno xogo flash chamado Radical Fishing. A mecánica é a seguinte, lanzas a caña e tes que esquivar todos os peixes durante o descenso, en canto se che acaba a corda comezas a subir, esta vez recollendo o máximo número de peixes posibles. Unha vez chegado a superficie os peixes saen voando e tes que reventalos coa arma que teñas nese momento. Soa raro? Non, divertidísimo.

Por último, tamén colaboraron na serie Serious Sam, a creación máis famosa dos croatas Croteam, baixo as súas indie-series co título Serious Sam: The Random Encounter. Un experimento do máis loco, parodiando a RPG’s clásicos baixo o humor e mundo típicos da saga. E non falo xa de Nuclear Throne que está previsto que salga este ano, e xa se atopa en acceso anticipado en Steam e merecerá probablemente o seu propio artigo.

luftrausers-logoE xa me centro no que quería falar. Luftrausers é o último proxecto de Vlambeer. Como no caso de Ridiculous Fishing, nace dun pequeno xogo Flash que naceu nunha jam de desenrolo de videoxogos e tras dous anos de traballo sobre el, convertiuse en este Luftrausers. Sen dúbida atopámonos ante o seu proxecto máis ambicioso, vendo a cantidade de plataformas nas que o lanzaron: PS3, PSVita, Windows, OS X e Linux.

  luft01

A filosofía arcade volve a estar de moda. Con Luftrausers atopámonos con partidas cortas e frenéticas, onde ti pilotas un aeroplano (do bando nazi ou equivalente, houbo polémica estúpida por este tema) e aniquilas a todo canto se move: avións pequenos, jets, barcos, porta-avións e non quero desvelar moito pero moitas ‘cousas’ máis.

Luftrausers-1

A idea de que botando cinco partidas podes comezar a afacerte co control é maravilloso. Búscase aquí outra vez esa sensación de recompensas, de logros continuos. A medida que vas gañando puntos e chegando máis lonxe na partida irás desbloqueando novas armas, novos métodos de propulsión para a nave e novas configuracións. Cada un destes elementos terá asociados unha serie de tareas (‘elimina cinco avións sen usar a propulsión’, ‘mata un barco chocando contra él’,…) que permitirá que desbloquees novas cousas.

luftrausers-tienda

O máis interesante dos desbloqueables son as formas de propulsión, xa que cambiarán totalmente a forma de pilota-la nave e terás que afacerte de novo os controis, incrementando o reto considerablemente.

Todo isto, está aderezado cunha estética brutal, de clara estética alemana da segunda guerra mundial, cunha paleta de cores moi distintiva (desbloqueas novas paletas de cores tamén!). E por suposto, unha música machacona e industrial tremenda.

Deixar un comentario