Tagged: Mid 90’s

Mineral – The Power of Failing (1997)

0004577802032_500X500Se observamos a portada deste disco da metade cara abaixo ata podería ser fermosa, pero tiña que aparecer a nosa amada comicsans no cénit pondo título ao álbume de debut de Mineral, estragando gran parte do encanto. E que mellor momento pra falar deste álbume, non só porque a nivel persoal resúltame especial, senón tamén porque o vocalista e guitarrista Chris Simpson decidiu arrexuntar aos seus no 2014 tras a rotura da banda en 1998. E non son os únicos contemporáneos que o fixeron, pois bandas como American Football, Braid, the Jazz June ou Gameface estarán xirando internacionalmente durante todo o 2015.

Orixinada en 1994, Mineral forma parte da oleada de grupos nados en Austin como Christ Front Drive ou Texas is the Reason que levaron o emo ás súas cotas máia altas, movéndose sempre en círculos independentes e tocando en salas cativeiras.

Mineral1Influenciados directamente de grupos precedentes como Sunny Day Real Estate pero cunha producción máis lo-fi, estes mozos foron unha absoluta revelación pra aqueles fans do pop-punk, hardcore ou indie-rock. Non é de estranar que por aquel entón grandes discográficas se interesasen neste tipo de sons coma novo producto que vender a uns adolescentes xa cansos do grunge, e que en parte, explica a corta existencia destes grupos. Xa todos sabemos que as tendencias son cíclicas, nembargantes, ninguén podía anticipar o fervor co que sería acollido o emo de mediados dos 90 quince anos máis tarde.

Centrándonos máis no que é o disco, un clásico de xénero, sorpréndeme a frescura e a conexión emocional que se pode atopar con él, o que nos leva a pensar na solidez de cada unha das cancións. As composicións, como non podía ser menos, afondan no paso do tempo, no madurar, o amor non correspondido, a inocencia da xuventude, o amor á familia e todo o que esas relacións e conexións implican.

O disco ábrese con “Five, Eight And Ten”, un tema perfecto no que a intensidade de guitarra e batería vai medrando conforme avanza pra chegar ao seu momento álxido: “I walked along beside the purple mountains beneath the orange sky/Imagined what it all might look like with these planks out of my eyes / I wondered if the big white horse was coming down tonight / I wanted to taste that victory but my mouth was dry”.

A continuación “Glory”, “Slower” e “Dolorosa”, reforzan ese comezo e atrapan a un definitivamente, chorreando emocións a mansalva e deixándonos con pratos machacados e cordas movidas a gran velocidade. Deste xeito de tocar beberían despois famosas bandas de post-rock da mesma cidade como Explosions in The Sky.

Con “80-37”, rememóranse eses momentos de tenrura e inocencia dunha infancia que anos despois antóxase coma feliz e sirven de preludio a “If I could”, o meu favorito. Unha verdadeira oda ao amor que comeza cunha intro instrumental de case dous minutos que dará paso a un xa coñecido “in crescendo”, base do disco e do xénero. A canción fala verdadeiramente por sí soa:

“July” e “Silver” manteñen o nivel, se ben esta última está caracterizada por ritmos lentos e algo máis pesados de bandas como Codeine. “Take the picture now” e “Parking lot” poñen o colofón perfecto a un conxunto de cancións redondas e fundamentales pra entender o emo. Quédome cas letras que pechan o disco, que lle dan o nivel de melodrama e intensidade perfecto: “When I’m finally naked and standing in the sunlight/ I’ll look back at all of this selfishness and foolish pride/ And laugh at myself.”.

Recoñezo que me poño tontorrón cada vez que escoito a estes rapaces, polo que o único que me resta dicir é que bendito sexa o seu regreso aos escearios e que ogallá teña a oportunidade de velos en vivo e marcar cun “X” ese recuadro que acompaña a longa lista de cousas pendentes que todos temos.

MIneral3

Advertisements