Tagged: An Autobiography

O mellor internacional para OCS

Coma sempre a destempo os haters de odiocomicsans demostran a súa animadversión cara os discos publicados o pasado ano. Cada compoñente elixe tres discos da órbita exterior. Do millor de cada casa.

galldindie:

NICK CAVE & THE BAD SEEDS – PUSH THE SKY AWAY

cover

O vellán de Nick volve co noso grupo de sementes favorito cinco anos despois do seu último disco de estudio (Dig, Lazarus, Dig!!!) e despois dos meneos do vocalista con Grinderman, as Bad Seeds volven á carga para firmar un disco excepcional. Marcado pola densidade das súas composicións, polo aire tenebroso que a veces alcanza o seu percorrido pausado e sensual, e pola carismática voz cavernosa do propio Cave, acaban por rematar un disco cuxo son parece estar continuamente ao acecho, como bestia agazapada a piques de saltar sobre a súa presa. Persoalmente creo que é sublime o tema de peche, que leva o mesmo título do disco, e acaba por bordear de tensión e espectacularidade o ambiente tenso e atmosférico do álbum.

WARLOCKS – SKULL WORSHIP

skull worship

Dise que Bobby Hecksher volveu para facer máis do mesmo. Amén si sona tan ben. Sendo o guitarrista orixinario de The Brian Jonestown Massacre o único membro constante durante os quince anos de traxectoria do grupo, pode decirse que pese ás adversidades creou un universo propio, un sonido invariable que recoñece a The Warlocks como banda. E non é moco de pavo. Continuando nos seus propios derroteros de rock psicodélico publican o último disco da triloxía aberta por Heavy Deavy Skull Lover no 2007: Skull Worship é un traballo denso, melancólico e pasional, que pode destacar ou facerse eterno. Para min un disco con corpo e alma, dos que hai que comprender como un todo e non hit by hit.

MOGWAI – LES REVENANTS

Les Revenants

Sen sonrojarme moito subo ao podio aos escoceses Mogwai, pois o seu é un disco con entidade suficiente para otorgarlles un posto a destacar. Si ben publicaron no 2012 un EP titulado de igual forma, non foi ata principios do 2013 cando saliu á luz o LP, que suma ao anterior proxecto once temas e elimina a segunda pista do EP (Soup). O primeiro que hai que saber sobre este disco é que é a banda sonora de Les Revenants, valga a redundancia, unha serie francesa que ten lugar nun pobo algo inquietante dos baixos alpes no cal os seus habitantes volven á vida, como xa comentaba no seu día. Os temas son bastante curtos para tratarse de post-rock instrumental, casi paisaxístico como este, polo que as recurrentes explosións deste tipo de música apenas teñen cabida. Mogwai lévate da súa xélida man a través dunhas cancións de estructura simple pero efectiva: comenzando con Hungry Face, unha delicia de dous minutos e medio onde os instrumentos entran pouco a pouco (uns dolorosos golpes de xilófono, o que parece unhas baquetas golpeando a carcasa dun tom tom, notas dun piano sobrio e o arrastre dunhas cordas de contrabaixo) e acaba por desvanecerse cun teclado decadente. Sen duda do mellor do disco xunto á última, Wizard Motor (precedida por unha misteriosa versión spiritualizada de Washington Phillips) unha canción guitarreira que aporta ese deixe de inquietude e atmósfera opresiva que as imaxes da serie piden a ghritos.

danieldelacuesta:

SIGUR ROS – KVEIKUR

Kveikur supón o enésimo cambio de tercio dos islandeses Sigur Ros. Sen saírense das personalísimas liñas dun son que eles mesmos levan xa case que 20 anos trazando, Kveikur recrudece o seu esqueleto para amosar o que sempre houbo agochado trala suavidade das varias capas de producción superpostas ao traballo inicial. Tralo abandono do teclista Kjartan Sveinsson e convertidos nunha sorte de power trio post-rockero, a aposta por una música máis directa  non poido dar lugar a un disco mellor. Dende a ruidosa Brennistein, atopamos a uns novos Sigur Ros dentro de si mesmos, menos delicados e máis crús.

E logo, está o vídeo. Ese vídeo de Brennistein que xoga co estalido, coa explosión que nunca se produce. Maxistral.

DEAFHEAVEN – SUNBATHER

A nova oleada de black metal parece que chegou para quedarse. Se nos últimos anos se atisbaba un rexurdimento do xénero caracterizado por un sonido máis limpo, aproximándose a territorios xa coñecidos polo post-metal e o post-rock, no 2013 certos grupos xa tiveron unha cálida acollida en ambientes máis comerciais. Deafheaven son a punta de lanza desa etiqueta asociada a Neige e que se deu en chamar blackgaze. En particular, Sunbather compaxina momentos de son escuro e intrincado cunha claridade e limpeza xa moi recoñecibles. Xogando con voces gritonas en segundo plano entramadas en composicións bastante melódicas, Deafheaven crean una paisaxe estremecedora e inesquecible. Cumbre deste 2013.

OLD GRAY – AN AUTOBIOGRAPHY

Falando de rexurdimentos, tamén é reseñable a gran cantidade de grupos que practican ou utilizan o screamo na actualidade. E eu non podo máis que alegrarme, porque me axuda a obviar as toneladas de bazofia producidas baixo esta etiqueta fai non tanto tempo. Aquí podería destacar o novo de Comadre, The saddest landscape ou Touché Amoré, porque hai bos discos, pero quédome con este An Autobiography de Old Gray. Achéganse ao xénero dende unha perspectiva cercana ao ambiental e consiguen pechar un disco que fusiona o doce e o violento cunha honestidade sorprendente. Funciona todo no seu xusto momento, introduccións melódicas ou pezas exclusivamente instrumentais xúntanse con temas acelerados, directos e furiosos. E, repito, funciona moi ben. Case como se cada tema fose parte dun puzzle ou dunha secuencia ordenada de feitos, de tal maneira que para avanzar sexa absolutamente necesario o paso anterior. As letras moldean un conxunto que trata con astucia unha angustia existencial, clichés da adolescencia tardía.

heregoesmygun:

ICEAGE  – YOU’RE NOTHING

Iceage-Youre-Nothing-608x608

O segundo álbume destes mozos daneses que non pasan dos 18 anos de media de idade deixoume completamente atónito. Facía ben tempo que non escoitaba un álbume de punk ou post-punk, como lle queirades chamar, tan fresco e contundente. Estes rapaces de estética joydivisiana xa deixaron rastros da súa madurez musical no seu primeiro LP “New Brigade”, pero con “You’re Nothing” superaron con creces a súa “ópera prima”. O disco comeza con dous trallazos, “Ectasy” e “Coalition”, que serven pra abrir o apetito ao que virá despois, interludio e “Burning Hand”,  “In Haze” e “Morals”, tres temazos de arrecendo oitenteiro e escuro que chegan a deixar a un boquiaberto. O nivel non baixa en ningún momento do disco, e a continuación o seguen intensas cancións que non pasan dos dous minutos de media. Mesturando os mellores elementos do punk, do hardcore, da new wave e batíndoos, saería un zume coma este.

Amosegas desta espontaneidade e frescura son os carteis dos seus directos:

OBL IA Flyer

     iceage-2-nights-at-acheron

E como non podía ser menos, aquí vos podedes atopar co que fan en vivo “Coalition”

GROUPER  – THE MAN WHO DIED IN HIS BOAT

GROUPER-THE-MAN-WHO-DIED-IN-HIS-BOAT1-575x575

Grouper, aka Liz Harris, publicou no xa pasado 2013 “ The Man Who Died In His Boat”, unha colección de cancións grabadas paralelamente con “Dragging a Dead Deer Up a Hill” alá polo 2007. Trátase do disco máis consistente e accesible feito ata data por esta artista, que colaborou entre outros co neozelandés Roy Montgomery ou ca banda Xiu Xiu. Falando propiamente deste LP, de precioso título, atopámonos con sons próximas ao ambient, coa guitarra acústica sempre presente e cunha voz desesperada e cansa que se desliza suavemente entre corte e corte, conformando preciosas melodías e drones que nos fan entrar nun estado de ensoñación transitoria. O conxunto de cancións evocan a imaxe dunha habitación completamente baleira e fría, co vento mecendo aos poucos os visillos da ventá, ou tal vez unha volta ao pasado a través duns ollos tapados por un veo e que non distinguen outras cores que non sexan o branco e o negro. Este disco rezuma a noites de insomnio e ansiedade, conseguindo en parte transmitir algúns destes estados a quen o escoita, sobre todo en temas como “Being Her Shadow”, “Difference (Voices)” ou “Vanishing Point”. Tamén destaco temas como “Cover The Long Way” ou este “Vital”. En definitiva, un dos proxectos que máis me entusiasmou e chegou o ano pasado.

ROLY PORTER  – LIFE CYCLE OF A MASSIVE STAR

rolyporter

Velaquí tendes a que é, pra o meu gusto, a gran obra mestra do 2013 no que ao campo musical se refire, e como non son periodista nin teño o don da palabra, é posible que todo o que diga sobre el se quede curto. Pódese dicir sen medias tintas que este disco maiúsculo do británico Roly Porter fai xustiza ás horas que este home invirte na música. E é que este álbume desgrana en cinco cortes a traxectoria vital dunha estrela, coma o seu título di: nacemento, explosión, supernova e vacío. Faino a través dun ambient que mestura sub baixos potentísimos con instrumentos de corda propios dunha orquestra de cámara, grabacións a plena natureza e demáis sons indescriptibles, mesturando momentos de tranquilidade con caos absoluto. O resultado é dunha extrema beleza, pois consegue a través de sons trasladarnos ao espazo, a pensar no máis alá, á insignificancia das nosas vidas entendendo estas como individuais… E é que resulta que o álbume pode chegar a entenderse coma unha paradoxa en sí mesma: relatar a vida de centos de millóns de anos dun corpo celeste en pouco máis de media hora, ¿e acaso non duran as nosas milésimas de segundo en comparación ca dun astro? Non vou resaltar só unha canción, senón todas. Este disco hai que concebilo coma un todo, coma un ciclo que non pode ser saltado no tempo. Aquí o tendes enteiro “Life Cycle of a Massive Star”

Teño que dicir que tiven a honra de poder disfrutalo en vivo xunto cos audiovisuais de Akheron Fall e que foi unha experiencia inesquecible:

263121491_640http://vimeo.com/37474638

comomepos:

FUZZ – FUZZ

ad7ebd4e

Despois dun ano incrible como foi o 2012 para Ty Segall, este ano repite éxito cun par de álbumes que se distancian do que nos ten acostumbrado. Por un lado, Sleeper (que podía perfectamente ocupar este lugar na lista), despoxado de toda distorsión e en formato acústico; e polo outro Fuzz. Fuzz escapa un pouco do garage, e abraza o riff máis tradicional, con toques stoner por momentos. “Sleigh Ride” é un bo exemplo do que podes atopar. Ninguén dubida que Ty Segall está nun estado de forma espléndido e esperemos que siga así moito tempo!

THE DIRTBOMBS – OOEY GOOEY CHEWY KA-BLOOEY!

dirtbombs-ooey-gooey-chewy-ka-blooey-cover

O xenial Mick Collins levaba moitos anos ameazando con sacar unha referencia de bubblegum pop. Polo camiño caeu o punk, o funk, o soul e incluso o techno; pero chegou o momento é a mítica banda de Detroit sacaron o esperado álbum. Composto de 10 temas propios, con algún hitazo polo medio e cunha duración inferior os 30 minutos, é un bonito homenaxe a felices sons doutra época. Por exemplo, o propio Mick Collins fala dos seus temas favoritos do xénero aquí.

THEE OH SEES – FLOATING COFFINS

d7d20a76

Xa levan moitos anos rondando por ahí, cun montón de álbumes editados nos ultimos dez anos  baixo diverso nome, pero eu non tiven o placer de atoparme con eles ata agora. Floating Coffin é un excelente exercicio de garage psicodélico onde o punk está moi presente, e os trallazos directísimos deixan paso a temas máis pop e calmados, como a espectacular  “Minotaur”  que pecha o LP.