Odiocomicsans djset no Rif Rock (Cambados)
Neste mundo sumamente globalizado unha fonte trata de gobernalos a todos, unha fonte racista que renega dos seus vellos compañeiros Arial ou Times New Roman (e xa non falemos de Windings). Unha ameaza real, un monstruo imparable, que comezou contaminando os colexios de todo o país e que se transmite por vía respiratoira, como cicloxénese explosiva pandémica. Pero catro rapaces chegados de toda a xeografía galega deciden que isto non pode cotinuar e por elo, celebramos un encontro contra os tipos de letras fascistas este mesmo Abril. Os catro integrantes deste sacrosanto blog estaremos este sábado 13 no bar amigo e segunda casa Rif Rock pinchando a música que nos gusta a partires das 12 da noite. Cada un cun estilo diferente, coincidimos no odio a Fraga e á fonte Comic Sans! A que esperas para estar alí?
PD: Non é seguro que todos odiemos a Fraga.