Little Inferno

A cheminea Little Inferno TM

Queimar cousas para obter cartos cos que comprar máis cousas para queimar. Así resúmese este experimento xogable da man de Tomorrow Corporation, una nova compañía indie cos creadores do exitazo World of Goo (o cal forma parte do gran revival indie dos últimos anos). O estilo gráfico é total debedor deste último, con grandes nexos en común (home do tempo – pintor) e cunha crítica ó modo de vida actual e ó despilfarro enerxético.

Os creadores querían satirizar ós típicos videoxogos nos que sen ningún obxectivo necesitas realizar tareas de dudoso disfrute, para conseguir algo máis grande e mellor (qué pasa MMOs?). Realmente,  o gran punto de Little Inferno é que a tristeza que deixa entrever, está envolta nun paquete espectacular. O deseño gráfico de obxetos é abraiante e fai máis que levadero a tarea repetitiva de queimar.

O caso, é que moitos usuarios poderían sentirse timados coa mecánica do xogo, non existe un gran final, un gran premio despois de todo isto. Simplemente tes que queimar todo o que poidas comprar dos diversos catálogos que a compañía que comercializa a chimenea Little Inferno TM dache a túa disposición. E todo isto sen moverte do carón do lume, envío a domicilio case instantáneo!

Non vou desvelar nada da trama, tampouco hai moito que dicir. Usuarios de Ipad e demáis merdas, este é o voso xogo (e a un precio razonable). Usuarios de PC, esperade a que estea de oferta escandalosa (como fixen eu :D) porque os 10 euros que custa é un precio desmedido e abusivo. E sobretodo, que continúe o indie de moda durante moitos anos máis.

PD: Como profesional do mundo das chemineas a miña opinión é moi favorable ó respeto da cheminea Little Inferno TM. Sen problema algun de retorno de fumes, nin de corrosión no patinillo e cunha construcción moi sólida. (lol)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s