Chime

Aínda que isto pareza que esta moi parado, nada máis lonxe da realidade. Cócese proximamente unha reunión dos catro ilustres membros de odiocomicsans (aínda non nos coñecemos entre todos) na que compartiremos con quen se quera acercar un dos nosos hobbies preferidos, a música, no bar de culto Rif Rock en Cambados. Moi pronto máis información!

Hoxe quero falar de Chime, un xogo de puzzles publicado pola compañía sen ánimo de lucro OneBigGame en 2010. O xogo foi lanzado primeiramente para Xbox Live para despois chegar a PC e PSN. Foi un dos primeiros xogos que tiven en Steam e foi comprado a cegas, sin saber ante que me atopaba. Chime é un xogo de puzzles ó estilo Lumines de PSP e con claras débedas do clásico Tetris.

Basicamente a mecánica consiste en colocar pezas do Tetris libremente por un taboleiro intentando formar paralelipíped0s (ohh yeah!) que se destruirán sumando puntos. A gracia disto é que existe unha barra de ritmo que varre a pantalla é o seu paso destrúe estos cuadros que ti conseguiches formar, deixando esta parte do taboleiro cuberto (aínda que podes seguir poñendo pezas neste espacio). Se en cada pasada da barra consegues ter novos conxuntos, os puntos iránse multiplicando ata que a barra non se encontre con nada, reseteando este multiplicador. Por si non se entende:

O xogo é tremendamente divertido pero non excesivamente orixinal e de non ser pola súa excelente banda sonora, probablemente tería pasado desapercibido para máis de un. E isto é do que quero falar, pese a que a maioría das cancións non se encuadran nos estilos polos que normalmente me movo, chegaron a chamarme a atención. O primeiro nivel comeza con isto:

Philip Glass é un artista minimalista moi recoñecido, que colaborou en infinitas bandas sonoras de grandes films (El Show de Truman, El Ilusionista o Las horas) e cunha discografía inabarcable. Este tema chamado “Brazil” do disco Orion, composto para a cerimonía de inauguración de Atenas 2004. Nel, fai un recorrido polos 5 continentes con cancións que recordan a diversas culturas do mundo. Nin que dicir que “Brazil” destaca con forza entre todas elas.

Ó resto da banda sonora coquetea moito máis coa electrónica, levando por cabeza o bo tema de Moby “Ooh Yeah”. Despois hai varias cancións moito máis escuras, que personalmente non empastaron tan ben co modo de xogo como esta de Markus Schulz ou a do primeiro video con Fred Deakin. Ademáis houbo sorpresa coa saída en PC onde se incluiu o tema “Still Allive” de Jonathan Coulton, hiperfamoso por aparecer nos créditos do xogo da década (e merecedor de varios artículos neste sacrosanto blog) chamado Portal.

Son os pequenos detalles os que poden convertir un xogo corriente de rompecabezas en algo que sigo pensando nel varios anos despois. E neste caso coa banda sonora acertaron completamente, facendo que o colocar pezas nunha malla convírtase en algo máis onde o ritmo xoga, sin que o aprecies, un papel fundamental. Finalmente, remato coa canción que me queda para rematar, “For Silence” de Paul Hartnoll.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s