Melvins – The Bulls & The Bees

Volven os Melvins con este EP que podes escoitar de balde no seguinte link: http://www.scionav.com/collection/917

E por qué aparecen en odiocomicsans? Porque era unha débeda que facía falla deixar cerrada e porque son un dos grupos ós que máis aprecio lle teño. Así que aproveito a ocasión para falar un pouco deles. Un grupo que deambulou por multitude de éscuros estilos, con certas fases máis comerciales e escoitables que outras, pero que nuncan perderon a súa identidade.

Orixinarios de Seattle, foron uns adiantados a todo iso que se coceu a finais dos 80 e ata a morte do rubiales. Os seus primeiros álbumes coqueteaban con sludge máis guarro (Ozma ou Gluey Porch Treatments), seguido polos xa clásicos Bullhead e Lysol, onde tonteaban co stoner/doom e incluso drone. Pero non sería ata que ficharon por Atlantic, como consecuencia da movida de Seattle que o seu son colleu un cariz máis amigable e comezan a lanzar hits como templos, que basicamente son os seus dous álbumes máis aclamados: Houdini e Stoner Witch.

O caso é que, despois de este auge do rock alternativo dos 90, dedicarónse a facer o que se sinten máis cómodos: mesturar cousas, experimentar movidas, facer tonterías… con resultados bastante dispares. Os discos a partir do 96 e ata o Senile Animal do 2006, brillan por momentos e dan vergüenza axena por outros (hai boísimas excepcións, sí The Bootlicker) e non volverían a coller ese estado recoñecido de grupo de culto ata que volveron a terreos cercanos o metal máis convencional, con dobles formacións a-lo King Crimson incluidas polo medio.

E xa convertidos no supergrupo que sempre mereceron ser, dedícanse a sacar un disquiño cada dous anos con dispares resultados. O momento culme está en Nude with Boots do 2008, a súa forma máis comercial e máis perfecta dende mediados dos 90. Non digo que este camiño de “voces corales duras” (non se me ocurre outra forma de describilo) non estea ben, pero resulta empalagoso de vez en cando.  Ademáis de todo isto, contan con moitos álbumes conxuntos con Lustmord, Jello Biafra ou Fantomas e infinitos EP’s o largo do tempo que definitivamente non son aptos para tódolos públicos.

É evidente que os Melvins non son un grupo perfecto, pero non podo evitalo, perdónaselle todo!

Gracias a Rifrockerz polo chivatazo do EP!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s