Duke Nukem Forever

En 1996 saeu ó mercado Duke Nukem 3D. Un xogo de disparos en primeira persoa que recibiu a aclamación de crítica e público, incluso sendo peor gráficamente que os seus competidores do momento como Quake. A personalidade do protagonsita, unha parodia do héroe hipermusculado tipo Schwarzenegger de finais dos 80 e principios dos 90, quedou grabada nas mentes de todos os que o xogamos no momento. Os chascarrillos que xa sonaban cutres na época (“I’ve got balls of steel”), o humor machista e as referencias á cultura pop axústanse perfectamente ó conxunto global que se veu coronado cunha xogabilidade maravillosa, que permite un control rápido e preciso de Duke.


Hail to the king, baby!

Despois do tremendo éxito do xogo de 1996, 3D realms apresurouse a anunciar unha secuela que sería lanzada ó seguinte ano co nome de Duke Nukem Forever. O proceso de desenvolvemento do xogo é famoso porque é considerado un inferno cos 15 anos que durou. Tres cambios de motor (implican empezar a programación desde cero outra vez), catro compañías involucradas, algunhas pecharon polo camiño, xente que abandonaba o proxecto, traspaso de xente dun lado a outro… son algunhas das cousas que en 15 anos é lóxico que pase. Ó caso e que finalmente Gearbox Software comprou os dereitos da franquicia e xunto a Piranha Games decidiu que isto ía rematar. En Xuño de 2011 o producto final chegaba, con gran expectativa, as tendas para PC, PS3 e XBOX360.


Primeiro trailer de Duke Nukem Forever no E3 de 1998

Pasada o shock inicial por ver a un novo Duke nas nosas pantallas, os medios empezaron a masacrar o xogo. Críticas feroces, algunhas con xeito e outras rabietas estúpidas. E isto provocou un efecto en cadea onde moitos borregos prexuzgárono e conseguiu que DNF non tivera as ventas que eu creo se merecía.

O que eu me atopei, foi un xogo ó que se lle nota que pasaron cousas raras polo camiño. As influencias de Half Life 2 (referente absoluto do xénero desde que saiu o mercado en 2004 e ata hoxe) son moi evidentes, especialmente nos puzzles de físicas e nas seccións de vehículos. Ademáis tamén existe unha limitación de dúas armas no inventario (estilo Halo) e a barra de vida ven sustituida por unha barra de ego. Esta barra de ego baixa co dano e recupérase descansando ou facendo algo espectacular que llo devolba a Duke (executar a un alien ou ver unha revista porno). Son cambios que afectan totalmente  a xogabilidade e afástanse do primeiro Duke Nukem 3D para adecualo ós tempos que corren. Persoalmente, pensaba que me ía molestar máis do que me molestou e especialmente o tema das armas creo que está ben feito.


Trailer final de DNF. Cómo cambiaron as cousas…

O apartado gráfico e máis que correcto pese non estar á última, a verdade é que si o xogo é divertido isto importa ben pouco dentro duns límites. Os inimigos son igual de variados que no anterior Duke Nukem (é dicir, poucos) e os xefes son moi espectaculares e divertidos de afrontar.

Hai varios aspectos que si creo que se deberían ter sido mellores. Os escenarios son mooi lineales, sólo hai un camiño e é moi claro por onde tes que seguir. Os movementos do protagonista nótanse un pouco oxidados o principio, pero co paso dos nivéis acostumeime e cheguei a desfrutar MOITO de reventar cabezas de porcos mutantes a un palmo de distancia. Tamén a figura de Duke está esaxerada ao extremo, sobrando certos momentos como o de pintar coa merda do váter. O video non ten desperdicio:


What am I? A chimpanzee?

E con Duke xogando coa merda remato o artigo. Só dicir que os medios do sector tíñanlle ganas a destrozar algo que previsiblemente ía ser un fracaso e que finalmente non o foi, chegando a dar beneficio (segundo Gearbox). DNF merece ser xogado e disfrutado así que non vos cortedes por toda a bilis que solten blogs e revistas. Isto recórdame a un caso parecido que da para outro texto… Sega e Alpha Protocol.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s