The Binding of Isaac

The Binding of Isaac é un xogo creado por parte do equipo Meat Team, responsables do xenial Super Meat Boy, liderados por Ed McMillen e Florian Himsl. E por qué esta xente é importante?

Un pouco de gameplay do xogo, a pelo.

Por revolucionar o mercado independente. Cando xa pasara de moda os desafíos de verdade, cando es capaz de terminar os xogos sen sudar en ningún momento chega esta xente e traen baixo o brazo Super Meat Boy. SMB era un homenaxe a todo o xénero de plataformas, debedor doutro como N+ (xogo da XBOX Live Store, PSP e NDS que nos puxo dos nervios a máis de un intentando completalo) e un homenaxe total a todo o medio, podendo usar diferentes personaxes en vez do entrañable “chico carne”. Un xogo que recibiu a adoración de todo o medio (tanto dos acostumados a manexar xogos de baixo presuposto como os que non) e que eu pese a botarlle MOITAS horas non fun capaz de terminar completamente. Só unha pista, cando xogas a SMB a reacción máis habitual e rematar apagando de golpe o xogo, cagarse en cristo para ti mesmo e 15 minutos despois volver a acendelo para pasar esa área que te tocou os cataplines un rato antes.

Non oculto o cariño especial que teño por esta xente, así que cando anunciaron The Binding of Isaac  eu sabía que ía acabar picando. A primeira vista polas capturas de pantalla filtradas, era clavado as partes de mazmorra dos Zelda en vista cenital. É así é o xogo, vista desde arriba, ti manexas a Isaac (ou outros personaxes desbloqueables)  e vas abríndote camiño polas mazmorras disparando as túas propias lágrimas, collendo bombas e chaves, comprando en tendas, atopando secretos e destrozando todo bicho vivinte que se acerque. Mecánica de machacabotóns para os tempos que corren, qué locos! (Aínda que non tanto mirando o Diablo novo).

Intro do xogo

Un dos grandes acertos do xogo é o deseño de xefes e demais inimigos, así como o da propia historia. A nai de Isaac, asidua espectadora de programas relixiosos na TV, escoita un día a voz de Deus que lle pide sacrificar a Isaac para salvar a súa alma. Así escapando da súa nai, Isaac atopa un burato na habitación e tírase por el, atopando unha serie de mazmorras cheas de abominacións e enxendros probablemente anteriormente torturados pola súa propia nai. Os enemigos mezclan deformidades e escatoloxía:

Pobre Isaac, entre tanta cousa chunga.

O deseño é definitivamente espectacular pero onde este xogo gaña enteiros e na súa xogabilidade. Cada partida é totalmente aleatoria: as mazmorras son distintas de cada vez, os items e power-ups tamén e incluso os xefes e inimigos que aparecen. Segundo os items que atopes, unha partida pódese volver  tremendamente fácil ou totalmente imposible. Evidentemente o que máis influirá no teu éxito será ter unha estratexia adecuada para cada tipo de inimigo: haberá algúns que disparan proxectiles, outros que te perseguirán e outros que evitarán todo contacto contigo ata que non lles quede máis remedio. O aleatorio é tan importante que incluso un xogador que leva moitas horas dándolle, non será capaz de rematar o xogo se te putean demasiado cos obxectos que consigues.

A mecánica está perfectamente maquinada o estilo do clásico Smash TV, cun pad e con catro botóns co que cada un disparará nas catro direccións cardinais. O principio pode custar acostumarse por non poder disparar en diagonal pero cólleselle rápido o punto. A música de Danny Baranowsky tamén cumpre perfectamente o seu cometido, transmitindo correctamente a sensación que Isaac debe ter chorando por esas catacumbas, mestura de medo e exploración.

O único que podería destacar negativamente do xogo é que está programado en flash e isto fai que non se poda usar un mando para xogar e que incluso un xogo de factura tan simple se ralentice un pouco cando se acumulan en pantalla demasiados inimigos xuntos.

A experiencia xogable pódese facer case interminable polos centos de obxectos, items, power-ups, secretos e demáis… E por si fora pouco, veñen de sacar un DLC (grr…) chamado de Wrath of Lamb por dous míseros euros que incremente este universo de manera considerabel: novos  niveis, personaxes, items…

Se estades fartos das grandes producións do mundo do videoxogo (porque son todas iguais, non vos enganedes) e un bo lugar por onde empezar. E asegúrote que te vai roubar unhas cantas horas do teu tempo libre matando moscas, vermes e demais bichos do inframundo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s