Crónica Primavera Sound 2012 (Porto)

Agridulce. Esta é a palabra axeitada que definiría a sensación coa que me quedei tras disfrutar da segunda xornada que nos ofreceu a primeira edición do Primavera Sound en Porto (e primeira vez para min neste festival).

Catro palcos situados no Parque da Cidade, un espazo verde e moi coidado situado ás aforas de Porto, a carón de Matosinhos e co mar a escaso metros. Aparentemente, un marco incomparable para a celebración de este tipo de eventos, especialmente se a chuvia non fai acto de presenza. E en efecto, o tempo sorriunos (non así para os asistentes do sábado) e deixounos disfrutar da xornada musical á que máis gañas lle tiña de todo o ano 2012.

Efectivamente, a oferta é rica e variada, pero excesiva para o meu gusto. Un non se dá de conta ata que o vive. Namentres estás a ver unha actuación a testa se che vai ás seguintes: se che vai dar tempo a chegar, se vas coller sitio… Crueldades do sino, grupos aos que lle tes gañas tocan simultaneamente ou se solapan, e o peor de todo, o cansanzo que se acumula ao longo das horas cos paseos, os saltos e os bailes. O resultado disto é que ás doce da noite penses máis na comodidade da cama do hotel que noutra cousa.

Pero vaiamos ao meollo do asunto, que son as actuacións. Non fun moi madrugador e comecei con Yo la tengo ás sete da tarde. E que gañas lle tiña á banda de culto por excelencia do indie rock norteamericano. Ca meirande parte do público congregada neste esceario e ca atentada mirada dos compoñentes dos Flaming Lips, ofreceron unha actuación moi completa na que non faltaron grandes clásicos coma “Deeper into movies“, tema co que abriron con Georgia Hubley á guitarra, “From a motel 6“, “Here to fall” ou “Autumn sweater“, ca colaboración á percusión do batería dos Flaming Lips. O momento de éxtase chegou ca penúltima canción, “Pass the hatchet, I think I’m goodkind“, tema que abre o álbume editado en 2006 “I’m not afraid of you and i will beat your ass”. Ira Kaplan marcouse un solo de case vinte minutos mentres Georgia mantiña o mesmo tempo e o baixo tocaba o mesmo acorde; vinte minutos de distorsión, abrasión, cordas arrincadas, pedaleiras botando fume, a guitarra polo aire… En fin, auténtica e deliciosa improvisación que me deixou cun moi bo sabor de boca.

Tras a actuación de Yo la Tengo comezaba no esceario principal Rufus Wainwright e a súa banda. Pero se vos digo a verdade, é un tipo que me aburre ata a saciedade e os quince minutos que contemplei chegáronme de sobra pra comprobar o seu deterioro físico e as súas pintas de cantante trasnochado.

Así que sen máis preámbulos funme a cear, pois a fame apremiaba. Isto custoume perder a actuación do lisboeta Rafael Toral, artista experimental que xoga coma ninguén cas ondas do son. Visitará,  por certo, a nosa comunidade da man do festival Sinsal.

Do que sí me deu tempo foi de chegar puntual a The Flaming Lips, que comezaban ás nove e media da noite (destacar a exquisita puntualidade de todos os concertos). O espectáculo parecía máis propio dun circo que dun concerto de música, de feito esta relegouse case a un segundo plano ante un esceario cheo de cores, luces, globos xigantes que saían voando, un alien de tres metros, unhas mans xigantes que máis tarde proxectaban raios de luz a modo de super poderes… Mesmo o cantante se meteu no interior dunha pelota transparente a modo de neno burbulla e comezou a rodar enriba do público. Todo isto acompañado de disparos cotinuos de confeti, unha morea de raparigas bailando aos lados do esceario e un cantante que se encantou a el mesmo; os “I love you” aos espectadores foron continuos. A pesar de que non son moi fan deste grupo, trataron de facer algo épico e entreter a xente con algo diferente. Non me disgustou esta idea. En canto a música cónstame que tamén tocaron as cancións máis míticas ou queridas, como “Yoshimi battles the pink robots part 1“, “The Yeah yeah yeah song” ou a habitual ca que pechan os concertos “Do you realize”.

Aquí podess facervos unha idea do que foi o show:

De todos os xeitos, recomendo que lle botedes unha escoita ao “Embryonic” que sacaron no ano 2009. Paréceme un disco moi bo e menos coñazo que algúns anteriores.

Ao ver o show enteiro dos Flaming Lips sacrifiquei o concerto de Black Lips e Codeine. Dame rabia porque me apetecía ver a ámbolos dous. Velaquí o gran problema deste festival.

A continuación, ás once e media da noite, ía ter lugar á actuación de Shellac, á cal lle tiñas unhas gañas enormes. E non só non me defraudaron, senón que me impresionaron. Que directo! contundente, intenso, perfectos na execución. Steve Albini está nunha forma incrible.Parecíame un debuxo animado xaponés. O baixo soou pesado que deu gusto e a batería foi punto e a parte.

Tocaron cancións imprescindibles da súa discografía: “Copper”, “Steady as she goes”, “Squirrel Song”, “Prayer to god” e déixaronnos algún tema novo (¿teremos álbume recén saído do forno no 2012?). É resaltable a  representación teatral  que fixeron con “The end of radio”, cunha letra cargada de ironía  e de referencias. Tamén foi curioso o xeito de pechar o concerto. Co batería tocando, comezaron a desenchufar a guitarra, o baixo, a recoller os amplis, a desmontar a batería,ata quedar tan só cas baquetas na man. Todo isto fixérono co pequeno Albini e máis Bob Weston correndo sudorosos dun lado a outro do esceario.  Total, que en medio minuto esceario recollido.

Paga a pena velos en vivo. Foi a actuación que máis me encandilou. Os mellores 55 minutos da noite.

Esta é Wingwalker interpretada hai máis dunha semana na edición barcelonesa:

Á vez que Shellac descargaban toda a súa enerxía no esceario ATP, Neon Indian facían o mesmo no esceario Club. Desafortunadamente, non puiden ver o directo destes rapaces, con todo o seu desplegue de cacharros e sintetizadores analóxicos.  Fan un indie electrónico moi bailable, inda que chirriante pra algúns. Na lista do mes de abril en Odiocomicsans (dispoñible en Spotify) poidemos disfrutar de algúns dos seus temas.

A estas horas, tan só faltaban dúas actuacións pra rematar a xornada, e o cansanzo xa comezaba a facer mella nas pernas e na espalda. Pagueino sobre todo na seguinte actuación que me agardaba: Wolves in the throne room. A banda de Olympia presentouse con tan só tres compoñentes (sen baixista), e cun esceario lúgrube, de tintes azuis e rosados. Blandiron con forzas as guitarras e coma de lobos se tratasen à espera da súa presa, enchéronnos os oidos cun son cercano ao Black Metal máis ambiental, pero sen as paiasadas das vestimentas e as caras pintadas habituais neste xénero. De feito as súas composicións lévanos aos bosques, á natureza máis virxen. Repasaron os tres primeiros álbumes da banda, abrindo co primeiro tema co que comeza ese fabuloso “Celestial lienage“. Tal vez polo esgotamento, non disfrutei todo o que quixen desta actuación, incluso me pareceu algo fría e carente de magnetismo. Non obstante, estou contento pola oportunidade que lle dá o festival a bandas con sons que non poderiamos calificar como “indies”. Xa pasaron polo festival grupos coma Godflesh, Jesu, Sunn O))), ou mesmo Mayhem, que actuaron fai unha semana en Barcelona.

Chegados a este punto, tan só faltaba por completar a xornada M83 e Thee oh Sees, e adiviñade… Sí, tocaban á vez. Así, sacrifiquei o garaxe revival da banda californiana por ver ao grupo de moda de todo o ano 2011 tras sacar ese bo disco “Hurry up, we’re dreamig“. A actuación, que comezou incluso antes da hora, non defradou, relativamente. Perfectos no esceario, con sintetizadores analóxicos a gogó e cunhas luces moi chulas, ofreceron durante uns escasos 50 minutos hit tras hit. Fixeron unha selección totalmente bailable, incluso remesturaron “Skin of the night” ou “Reunion” pra que fose máis movidita. Sumáronse á festa como non podía ser doutro xeito “Midnight city“, “Steve Mcqueen“, “Couleurs“,” Teen Angst“… Pero todos nos quedamos con gañas de máis, moito máis, como cando lle quitas un doce da boca a un neno.

Agardo non habervos aburrido moito nestes paragrafos. A pesar dese sabor agridulce co que me quedei, por suposto que vos recomendo vivir a experiencia. Ogallá pra o ano teñamos a fortuna de que o sigan celebrando aqui pretiño da casa.

Advertisements

One comment

  1. Heyssel

    Pena non ter ido! Flaming Lips deberían cambiar o show dunha vez, tanta burbulla e tanto confetti cansan xa. Eu tería ido a ver a Codeine, que en Barcelona estiveron incríbles.
    E de Shellac non fai fall dicir nada, qué poderío!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s