Falando de B-sides (I) – Red Hot Chili Peppers

Inauguro esta sección na que pretendo coller un grupo, falar das caras B que me parezan máis interesantes ou de aspectos relacionados con elas que considere dignos de mención. E para comezar vou falar do que foi o meu grupo fetiche durante a adolescencia (e un pouco máis tarde tamén jeje), os Red Hot Chili Peppers.

Que alguén lles diga que xa non teñen 20 anos

Cunha carreira longa o normal e ter centos de cancións descartadas. Non sei se é o caso, pero os RHCP non son un grupo que se prodiguen moito a sacar material fora dos seus discos, excepto loxicamente acompañando os distintos singles de promoción. Por eso mismo, eu creo que deberían plantexarse sacar un recopilatorio de caras B, SEN olvidarse de ningunha etapa do grupo, cousa que son moi dados a facer.

Os catro primeiros discos foron reeditados no 2003 cunha serie de bonus tracks, polo que estas cancións son verdaderamente doadas de conseguir. Facendo un pequeno repaso destas rarezas é obrigatoria a parada no tema “Millionaires Against Hunger” do seu segundo disco Freaky Styley.

O tema segue totalmente a liña do disco, moi influenciados pola producción de George Clinton (P-FUNK!), conseguindo os momentos máis funkies da banda e na miña opinión mellor que o 75% das cancións do disco.

A seguinte parada é Mother’s Milk (1989) o cal conta cun sonido moito máis avanzado e característico. E todo hai que decilo, probablemente é dos álbumes que peor envexeceu deles, especialmente polo uso de certos sons máis metal do que estaban acostumados a facer. O caso é que na reedición do 2003, incluíronse dúas boas versións en directo de Jimi Hendrix (“Castles made of sand” e “Crosstown traffic”) e dúas jams inéditas: o culto ó rif durante 12 min en “Song that made us what we are today” e a frenética “Salute to Kareem” un homenaxe máis os seus queridos LA Lakers que representa o mellor dos RHCP da época.

Se ata agora estas cancións son facilmente atopadas nas reedicións, moitas caras B dos seguintes álbumes poden ser atopadas nas versións de Itunes dos álbumes pero non en formato físico (excepto nos singles).

Chegamos o momento angular da carreira dos RHCP, 1991, onde veu a luz o magnífico Blood Sugar Sex Magik o cal tamén nos relegou cunhas caras b de altísimo nivel. Como a xa famosa “Soul to Squeeze” que aparece na BSO dos Coneheads e no propio Greatest Hits publicado en 2003. Deste álbum sairon varias grabacións inéditas como “Fela’s Cock”, “Castles Made of Sand”(esta vez en estudio), outra de Jimi como é “Little Miss Lover“, o cover dos Stooges “Search and Destroy” ou “Sikamaniko”. Esta última foi b-side do single do hit “Under the Bridge”, formou parte da BSO de Wayne’s World e tamén apareceu na merda de recopilatorio Live Rare Remix Box de 1994.  A canción estaría na onda de “Suck my Kiss” polo nivel de pesadez pero unhas cantas revolucións por riba:

Despois da marcha de Frusciante e o breve paso duns cantos guitarristas pola banda (Arik Marshall e Jesse Tobias), chega Dave Navarro e revoluciona totalmente o sonido. Con el, sae a luz o excelente e odiado incomprensiblemente por moitos One Hot Minute en 1995. Sen entrar en por qué este álbum dalle mil voltas a todo o que publicaron despois, hai que decir que as cancións que foron descartadas, son as mellores da súa carreira. “Let’s Make Evil” cara B do single de “My Friends” demostra o engranaxe perfecto no que se convertira a banda coa chegada de Navarro, poñendo a tódolos seus membros no mellor momento da súa carreira tecnicamente falando.  “Bob” é unha grandiosa balada que si lle teran dado unha volta máis tería sobrepasado sin ningún problema ás do disco, “Tearjerker” e especialmente o gran fail que é “My friends”. “Melancholy Mechanics” é un moi bo tema que saíu como extra na versión xaponesa do disco e tamén no single de “Warped” e que non merece máis que esta mención.

Deixo de última a miña favorita persoal, a funky “Stretch” que foi cara B de “My Friends”. Unha liña de baixo potentísima marca o carácter da canción e convértea na mais funky da sesión xunto coa xenial “Walkabout”.

Ata agora creo que repasei todalas cancións inéditas nos álbumes, aínda que seguramente se me olvida máis de unha como “Show me your Soul” da BSO de Pretty Woman e que incluso contou con video propio. Para os seguintes discos Californication (1999) e By The Way (2002) o número de singles incrementouse de maneira considerable e polo tanto tamén a serie de jams, cancións e directos que incluiron como extras polo que solo vou a falar dos que me parezan máis interesantes sen nombrar a todos como fixen ata o de agora. Esto é aínda máis extremo no caso de Stadium Arcadium os que xa non considero dignos de mención e nin sequera os escoitei todos co que nin sequera apareceran no artigo.

Ó caso, con Californication atopámonos cunha serie de moi boas cancións que non pasaron a criba para entrar no álbum. “Fat Dance“, “Gong Li” (da versión xaponesa), “How Strong” e especialmente a curiosa “Quixoticelixer” atópanse neste caso.

Con By the Way aparece un caso curioso que sempre me gustou analizar. É o caso de como joder un álbum coa selección de cancións. BTW foi un disco largo, cunha segunda parte do mesmo empalagoso a máis non poder. Sorpresa a miña cando un día descubres tódalas cancións que quedaron fora do disco e que superan ampliamente a maioría dos temas do disco. Este é o caso de “Rivers of Avalon“, “Time” ou “Fortune Faded” que a gardarían incomprensiblemente para o Greatest Hits dun ano máis tarde.

Non me gustaría deixarme no tinteiro unhas cancións que non sei se foron grabadas en estudio, e que o único sitio onde poden ser atopadas é no gran directo que é Live in Hyde Park de 2004. Estas son “Rolling Sly Stone” e “Leverage of Space“.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s