My Dad is Dead

My Dad is Dead é un proxecto musical que comezou o músico Mark Edwards (que xa estivera no grupo Riot Architecture de Cleveland), trala morte do seu pai. A historia comezou no 1986 co disco My Dad is Dead… and He’s Not Gonna Take It Anymore onde el soamente acompañado dunha caixa de ritmos deixaba aflorar a súa tristeza pola pérdeda do seu pai. Pero as cousas poñeríanse serías o seguinte ano, cando Mark decide continuar a súa andadura co oscuro Peace, Love and Murder,con influencias post-rock e góticas.

Despois desto a producción discográfica foiselle das mans, ata a entrada do novo milenio con casi un disco por ano. A partires de 1997 o seu ritmo decaeu e cada catro anos seguiu sacando disco ata o último A New Clear Route de 2009. Dos discos que escoite, para min hai un que sobresale por riba dos outros, o doble LP de 1989 The Taller You Are, the Shorter You Get con temazos como o que segue:

Un dos motivos polo que agora me poño a falar da música deste señor e que na súa terrible páxina web (fáltanlle gifs animados dando voltas e facendo ruidiños), na sección “Downloads”  podedes descargar gratuitamente os seus 5 primeiros discos e unha colección de rarezas. Ademáis de poder acceder a súa tenda medio vacía 🙂

My Dad is Dead nunca obtivo grande fama pero ten unha posición respetada no mundillo indie e chegaron a ser teloneiros duns grandes como son os Butthole Surfers. Ademáis este mesmo ano, o señor Mark comezou un novo grupo chamado A Secular Joy co que sacaron en Xaneiro o seu primeiro LP Made For Better Things que non tiven a oportunidade de escoitar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s