O “mellor” de 2011

Eu non vou facer un top do mellor do ano, non estou en condicións. Escoitei menos discos editados este ano que os que require un top destes, e destes que escoitei a mitade foron unha merda. Eso non quita que houbera cousas moi boas como os meus compañeiros demostraron nas súas listas. O que vou facer e deixarvos unha pequena lista do que máis me gustou este ano, que evidentemente non pretende sentar cátedra de ningún tipo.

– O regreso de Primus con Green Naugahyde

 

– O novo disco El Camino dos Black Keys  que baixou o nivel respecto o Brothers, cousa que era practicamente imposible que non pasara

 

– O segundo álbum de Steven Wilson que parece que arreglou os problemas que Insurgentes tiña e ainda sendo moito máis largo non se fai largo como un día sin pan como pasaba co primeiro.

 

– O último de Earth, Angels of Darkness Demons of Light I, que segue o sonido de The Bees Made Honey in the Lion’s Skull de 2008 e que son culpables de que a palabra drone xa non me asuste (tanto).

 

– Ademáis, outros como Mastodon ou Tom Waits conseguiron sacar adiante excelentes traballos ó meu parecer.

Pero si algo presidiu este ano foi Sebadoh, que fixo que o meu disco favorito desde que tiña 16 anos xa non o sexa e que mallei nos seus discos como se non houbera mañá. Na casa, no coche, no traballo… unha delicia coa que vos desexo un bo ano 2012 a tódolos niveis.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s