No Age – Nouns

Nouns

Ao fin lles imos facer un oco máis que merecido en “odiocomicsans” aos estadounidenses No Age, banda nada a finais de 2005 no panorama underground de Los Angeles e formada polo guitarrista Randy Randall e o batería e vocalista Dean Allen Spunt.  O disco que vos presento aquí é o tan aclamado pola crítica “Nouns” (SubPop Records). Un álbume de rock fresco, sucio, xuvenil e traveso, que bebe do noise, do lo-fi e por ratos do shoegaze de finais dos oitenta e comezos dos noventa. Persoalmente paréceme un disco redondo de pouco máis de media hora, equilibrado e que engancha con facilidade. Samples e efectos ambient por ratos mesturados por momentos de pura enerxía  e platos a piques de crebar. Estes rapaces estiveron este verán en Santiago de Compostela e no Paredes de Coura, onde os puiden ver en vivo. Non vos vou mentir, o directo é técnicamente pobre, mais os meus pés apenas tocaron o chan. Botaba de menos esta sensación. Enerxía e música en toda a cara. Non agardades a conseguilo!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s