Bardo Pond – Lapsed (1997)

Lapsed

Xa tiña gañas de falar desta banda que tanto me impresionou cando a descubrín. Trátanse duns músicos de Philadelphia (USA), que practican coma ninguén  un tipo de son a cabalo entre o space rock, o shoegaze e o drone, capaz de fluir gota a gota por cada un dos capilares. Con nada máis e nada menos que oito discos ás súas costas, déixovos aquí cun dos que máis me gustan: “Lapsed”, editado no ano 1997 por Matador Records.  É un disco denso e tóxico, que te engancha ás primeiras de cambio ou que pola contra, pódeche aborrecer pasado un minuto de darlle ao play. Toda unha viaxe mergullado nun mar de drogas psicodélicas, que ten coma punto de partida Earth, peaxes en My Bloody Valentine e Spaceman 3, para chegar aos mesmos Sonic Youth. Voces preguiceiras, cósmicas e imprescindibles de Isobel Sollenberger, que acompañan máis que destacan sobre esa néboa sonora que é Bardo Pond. Disco máis que recomendable.

Advertisements

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s