Harvey Milk – Life… The Best Game in Town (2008)

Life… The Best Game in Town

Que mellor xeito de comezar a miña colaboración co meu compañeiro de andainas musicais que falando deste disco. Harvey Milk é unha banda nada en Athens, Georgia, no ano 1992, baixo unha clara influencia de bandas como Melvins e Jesus Lizard, para os que abriron concertos por aquel entón. Desfixéronse a finais dos noventa e reapareceron posteriormente no ano 2006, fecha a partir da cal editaron cinco discos. Entre eles atópase este aclamado “Life… The Best Game In Town “, no que colabora ao baixo nada máis e nada menos que Joe Preston (Melvins, Sunn O))), Earth, entre outros). Atopámonos con guitarras pesadas, ritmos lentos que recrean ambientes repugnantes e sucios, nos que un sinte como o lodo vaino enterrando aos poucos, para posteriormente quitalo de enriba con punzantes e poderosos solos de guitarra. A experimentación tamén forma parte deste disco, con elementos que tentan dar unha pequena volta de torca a ese son tan característico dos Melvins. En definitiva, trátase dun bo álbume para aqueles amantes do noise, o sludge e o doom, incluso a pesar de que o seu guitarrista/vocalista Creston Spiers o vexa como o peor álbume da banda.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s